FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

CURSO DE FORMACIÓN “ENTRENADOR NACIONAL EN SURFING NIVEL I”:

FORMACIÓN GRATUITA para as persoas empadronadas nos concellos integrantes do XEODESTINO TURÍSTICO FERROLTERRA – RÍAS ALTAS (mínimo 1 ano de padrón).

Para responder a unha necesidade de persoas con formación oficial deportiva regulada que hai neste territorio, apostando polo surf como maneira de promover o turismo, chegouse a un acordo de colaboración da Deputación da Coruña e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol para o desenvolvemento da marca Costa das Ondas:

Ofértase con carácter gratuito o Curso de Formación “Entrenador Nacional en Surfing Nivel I” organizado pola Federación Galega de Surf en outubro e novembro de 2020 no Concello de Valdoviño cun máximo de 12 prazas en riguroso orden de inscripción.


Requisitos necesarios para poder realizar gratuitamente o curso:

-        Inscribirse (prazo: luns 5 ás 8am ata o xoves 8 de outubro ata as 12am) mediante o formulario: https://forms.gle/2BM7LZZ2TqMdEH4v7

-        Aboar o importe de 50€ no seguinte número de conta bancaria ABANCA nº ES08 2080 0567 0430 4000 3179. Este ingreso servirá para formalizar a matrícula e como pagamento da proba de acceso ao curso (10 de outubro na Praia de Pantín – segundo condicións), e será reembolsado en caso de pasar a proba e poder acceder ao curso para 12 persoas empadronadas no Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas.

-        Entregar o día da proba de acceso (e xunto cos outros documentos especificados na convocatoria) o CERTIFICADO DO PADRÓN nun dos seguintes concellos: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior. Neste certificado deberá constar un período de empadronamento mínimo dun ano e ser vixente na actualidade.

-        Ser maior de 16 anos e posuír, polo menos, o título de Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.


As persoas que queran acceder á formación gratuita deberán ter en conta que os requisitos son imprescindibles, xa que de non cumprilos non se poderá realizar gratuitamente o curso.


Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


Horario de atención inverno:


Martes, mércores e venres de 10 a 14h.

Xoves de 17 a 20h.



You are here