FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

CURSO DE FORMACIÓN “ENTRENADOR NACIONAL EN SURFING NIVEL I”:


FORMACIÓN GRATUITA para as persoas empadronadas nos concellos integrantes do XEODESTINO TURÍSTICO FERROLTERRA – RÍAS ALTAS


Para responder a unha necesidade de persoas con formación oficial deportiva regulada que hai neste territorio, apostando polo surf como maneIra de promover o turismo, chegouse a un acordo de colaboración da Deputación da Coruña e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol para o desenvolvemento da marca Costa das Ondas:

Ofértase con carácter gratuito o Curso de Formación “Entrenador Nacional en Surfing Nivel I” organizado pola Federación Galega de Surf en xullo de 2018 no Concello de Valdoviño cun máximo de 16 prazas en riguroso orden de inscripción.

 


Requisitos necesarios para poder realizar gratuitamente o curso:

-       Inscribirse (ampliamos prazo ata o venres 6 de xulllo) mediante o formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdptcTKR48_XbzNmLxhXwGqct7fJVXHpNW17lIlGbhDeYMWEw/viewform?c=0&w=1

-       Aboar o importe de 50€ no seguinte número de conta bancaria ABANCA nº ES08 2080 0567 0430 4000 3179. Este ingreso servirá para formalizar a matrícula e como pagamento da proba de acceso ao curso (14 de Xullo na Praia de Pantín), e será reembolsado en caso de pasar a proba e poder acceder ao curso para 16 persoas empadronadas no Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas.

-       Entregar o día da proba de acceso (e xunto cos outros documentos especificados na convocatoria) o CERTIFICADO DO PADRÓN nun dos seguintes concellos: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

As persoas que queran acceder á formación gratuita deberán ter en conta que os requisitos son imprescindibles, xa que de non cumprilos non se poderá realizar gratuitamente o curso.


Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


horario atencion:

Martes: 09:00 - 15:00 e 17:30 – 20:30

Xoves: 17:30 - 20:30

Venres: 9:00 - 13:30

Sábado: 10:00 – 14:00



You are here