FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

Circuito Interescolas 2012

Circuito Interescolas 2012

   


O “Circuíto Interescolas” é unha iniciativa da FGS para este verán  2012 orientada a cubrir dous aspectos:


1.         Motivar a participación de cursillistas e/ou alumnos das nosas escolas no mundo da competición deportiva; sempre dentro do marco das escolas adscritas á FGS.

2.         Cubrir o período do verán, máis frouxo en canto a condicións de ondas para a realización de campionatos Open e Junior dos correspondentes circuítos oficiais.


Este circuíto Interescolas consistirá, neste ano 2012, en dúas probas organizadas pola FGS nos meses Xullo e Agosto, un na praia de Patos (Nigrán), e outro na praia de Razo (Carballo). 

A primeira proba terá lugar no areal de Razo (Carballo) o dia 21 de xullo. Ademáis da proba terá lugar no mesmo areal o Festival de música Sereas e Piratas. A diversión estará garantida todo o fin de semana para todo o que desexe achegarse a ver e por suposto para os participantes que serán os protagonistas. 

Próximamente publicásese a convocatoria para esta proba.  As inscricións deben tramitarse en tempo e forma segundo estableza a convocatoria. Os competidores serán inscritos polos seus técnicos.

Poden ver o Regulamento do Circuíto Interescolas picando aquí

Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


Horario de atención inverno:


Martes, mércores e venres de 10 a 14h.

Xoves de 17 a 20h.



You are here