FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

PRESENTACION DE SOLICITUDE DE PROXECTOS PARA A TEMPADA 2012

PRESENTACION DE SOLICITUDE DE PROXECTOS PARA A TEMPADA 2012

        


A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF abre o prazo de solicitude de proxectos para a organización de eventos autonómicos da tempada 2012.

Estes proxectos deben ser enviados a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla co modelo de solicitude (pinchar aquí) cuberto completamente e con data límite o 31 de Decembro de 2011.


Non habera premios en metálico salvo decisión da Asamblea desta Federación, a cal se celebrara a comezos do vindeiro ano.


Os requisitos para organizar un proba do circuito galego  2012 seguirá os criterios do 2011. Pódense consultar no documento de solicitude de actividades.

Os diferentes eventos a organizar son:


- Probas do Circuito Galego open de surf

- Probas do Circuito Galego open de bodyboard

- Probas do Circuito Galego open de Longboard

-Probas do Circuito Galego Infantil e Xuvenil de surf e bodyboard.


A FEDERACIÓN GALEGA de SURF para todos os eventos do 2012, os criterios de selección de proxectos serán relacionados coa calidade da organización proposta. As datas para as probas do circuito, deben estar principalmente  comprendidas para a sua realización, entre o mes de Febreiro – Xuño e Setembro - Decembro de 2012 (para evitar aprazamentos por malos partes de ondas). A data final debe ser aprobada pola  Asambela da FGS e débese ter unha data de reserva.

Poderán presentarse proxectos para un evento que teña máis dunha modalidade se se teñen en conta os días necesarios e as necesidades para o normal desenvolvemento da competición.

Os interesados deben enviar os seus proxectos por email á dirección Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla , con data límite o 31 de Decembro de 2011.

AS PETICIÓNS DEBEN TER INFORMACIÓN SOBRE O ORGANIZADOR, O EVENTO, LUGAR DE CELEBRACIÓN E CONCELLO AO QUE PERTENCE, DATAS APROXIMADAS (CON OUTRA ALTERNATIVA), OS PATROCINADORES E COLABORADORES.



Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


Horario de atención inverno:


Martes, mércores e venres de 10 a 14h.

Xoves de 17 a 20h.



You are here