FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

CARTA RESUMEN 2011

CARTA RESUMEN 2011



Estimados amig@s;

Despois de nove duros meses a Federación Galega de Surf da por finalizado o circuito xuvenil e o circuito de Longboard deste ano. Faise un breve resumo de todas as actividades que levou a cabo a Federación Galega de Surf en conxunto cos clubes, competidores e colaboradores que fixeron posible todo isto.

Xunto con todos os membros da Xunta Directiva, na cal se fai referencia a novas incorporacións, ademáis do apio prestado por parte de clubes e competidores, na Federación Galega de Surf estase a levar a cabo un bo Circuito Galego, así como outras actividades de apoio ao deporte base e tecnificacións para formar deportistas de alto nivel.

Comezou o ano coa proclamación dun novo presidente que xunto cos seus colaboradores, están a intentar facer o mellor posible por este deporte tan apaixoante.

Cabe destacar a participación en todo o circuito do Programa Ojo de Pez, o cal está dando a coñecer a labor que a Federación está a facer, así como tamén, presenta ante todo o mundo os mellores surfistas galegos. Esperamos poder contar co seu apoio as próximas tempadas.

O 7 e 8 de Maio disputouse na praia de Patos (concello de Nigrán) a 1ª Proba Infantil/Xuvenil do Circuito Galego 2011, cun número de participantes xa bastante elevado en comparación co ano anterior. Contamos con arredor de 70 participantes.

Dado que era o primeiro campionato que oraganizaba a nova directiva, estábamos un tanto nerviosos, malia iso saíu todo bastante ben gracias a experiencia dalgúns membros da Xunta Directiva así como do clube organizador, neste caso o Prado surf club.

O 27 e 28 de Maio, tivo lugar a 2ª proba Infantil/Xuvenil do Circuito Galego 2011, na praia de Barrañán (concello de Arteixo). Unha vez máis destacaron os xuveniles polo gran número de participantes. Esta proba programada no calendario oficial para os días 14 e 15 de Maio tivo que ser aprazada por mor das malas condicións que se presentaban. Da organización desta proba encargouse Sandspit Surf club, xunto coa axuda da FGS e do concello.

No mes de xuño comezou a dar os seus froitos o deporte base, ao que a FGS lle chama os cursos de “A tua primeira onda” e cursos de iniciación e perfeccionamento. Nestes cursos o que se intenta é facer chegar este deporte a persoas que o descoñecen por completo, e así inicialos en algo novidoso.

Estas actividades  están a levalas a cabo os clubes/escolas adheridos a FGS, tales como Escola de Surf de Pantín (Ferrol), Glass Surf club (Viveiro), Patos surf club (Nigrán), Silfo Surf club (Malpica), Club de Surf Teirón (Carballo), Prado Surf club (Nigrán), ABST Cobas(Ferrol) e pola FGS.

O 18 e 19 de Xuño, levouse a cabo a 1ª Proba open de surf e a 1ª Proba open de Longboard, na praia de Pantín (concello de Valdoviño). En surf tivemos record de inscritos, e en longboard comezou a notarse unha participación importante tamén. A organización estivo a cargo da Escola de Surf de Pantín, xunto coa FGS e a axuda do concello. Conseguiuse levar a cabo un bo campionato no que na noite de sábado se celebrou unha festa dos anos 80 e o domingo se fixeron actividades paralelas como Skate.

O 7 de Agosto, celebrouse na praia de Nemiña (Muxía) a 2ª proba do circuito open de Longboard, a cargo do Clube G.A.L, xunto coa axuda da FGS e do concello de Muxía. Por segunda vez destacouse o número de inscritos en longboard.

O fin de semán 10 e 11 de Setembro, celebrouse a 3ª e última proba do circuito open de Longboard desta tempada, na praia de Patos en Nigrán con moi boa participación, conseguiuse levar a cabo un bo campionato no que reinou o bo ambiente sobre  todo. A cargo desta proba estivo o club G.A.L e Patos Surf Escola.

O fin de semán  24 de Setembro, celebrouse a 2ª proba do circuito open de Surf, na praia de Ponzos, Concello de Ferrol. A cargo desta proba estivo o club ABST Cobas coa axuda da FGS e a colaboración do Concello de Ferrol.

Ademáis ainda quedan por realizarse a 3ª proba open de surf para completar o circuito open de surf e as dúas probas que compoñen este ano o circuito open de bodyboard.

Tamén cabe destacar a nosa colaboración tanto co mítico campionato Pantín Classic, proba do circuito mundial da ASP, organizado polo club Praia de Pantín e tamén co Sport Zone Surfussion 2011, organizado polo club de surf Grosso de Doniños.

En canto a formación de técnicos e xuices, este ano impartironse 2 cursos de técnico nivel I e un curso de xuices, nos meses de febreiro/marzo e Xuño.

Por último cabe destacar o campionato Galego Individual e por equipos celebrado na praia de Soesto (concello de Laxe) nos días 27 e 28 de Agosto, o cal contou cunha gran afluencia de inscritos. 165 inscritos repartidos en todalas categorías de Surf, Bodyboard e Longboard.

Este ano se levaron a cabo tecnificacións para deportistas, tales como os Pro-Juniors celebrados en San Sebastián e Sopelana, no mes de Xullo.

En resumo, hai que dicir que ao largo destes meses se tiveron tanto logros coma erros nas probas do circuito, no campioanto e ao mellor noutras xestións. Esperase poder emprender un novo ano no que poidamos facer todo o mellor posible por este deporte.

Non dudedes en poñervos en contacto coa Federación Galega de Surf, para calquera suxerencia en canto a xestións administrativas ou ben si se presentan dudas sobre a xestión económica da FGS. As portas están abertas para todos, tanto na sede sita en Vigo (Pontevedra) como na nova delegación sita en Malpica de Bergatiños (A Coruña).

Recordade que tamén podedes visitar a nosa nova páxina web, na cal se ofrecen noticias sobre cursos de formación, campionatos do circuito galego, escolas galegas de surf, etc en www.fgsurf.org

Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


Horario de atención inverno:


Martes, mércores e venres de 10 a 14h.

Xoves de 17 a 20h.



You are here