FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

CAMPIONATO GALEGO INDIVIDUAL E POR EQUIPOS PANTIN 2015




Convocado o Campionato Individual e por Equipos, este ano con cambio de praia, será na Praia de Pantin (Concello de Valdoviño ) , grazas o acordo entre FGS , Concello de Valdoviño e Pantin Classic . Recordamos que este se celebrará os días 11, 12 e 13 de setembro, sempre e cando as condicións para a celebración do mesmo sexan axeitadas.

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro mércores día 9 de setembro, ata as 13 horas.


INSCRÍBETE ONLINE


Limite de inscritos 32 por categoría en total.

Maximo 2 categorias por rider

Recorden que para participar neste campionato debes ser galego, ter licenza federativa coa Federación Galega. Este ano contamos con novo regulamento  por equipos, aprobada na asemblea do 25 de Agosto de 2015 que contará do seguinte :


1-      As categorías existentes serán as do ano actual do circuíto galego.

2-      No campionato galego por clubes so puntuaran os 4 finalistas de cada categoría.

3-      A puntuación dos finalistas será multiplicada polo coeficiente proporcional de inscritos da mesma categoría (a máis competidores inscritos nunha categoría o coeficiente será maior).

4-      Informarase do coeficiente de cada categoría no peche das inscricións.

5-      En cada categoría teremos un mínimo de 6 inscritos .

6-      Un deportista non pode competir en modalidades diferentes pero si en categorías diferentes.



Recordamos e damos as grazas tamén de antemán aos colaboradores deste evento Concello de Valdoviño, ABANCA  , TSP (The Surfeiros Piratas), YA TE COMERE , SHARK  entre outros .

Atención aos clubs e escolas, non se demoren en remitir o formulario cos participantes para o Campionato por Equipos.


INSCRÍBETE ONLINE


como novidade tamer poderas acceder o formulario de inscricion utilizando o seguinte codigo QR




Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


Horario de atención inverno:


Martes, mércores e venres de 10 a 14h.

Xoves de 17 a 20h.



You are here