FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

SELECCIÓN GALEGA DE SURF - XOGOS NAUTICOS ATLANTICOS PORTUGAL 2013

SELECCIÓN GALEGA DE SURF  - XOGOS NAUTICOS ATLANTICOS PORTUGAL 2013



Este ano como ben se dixo anteriormente, a Federación Galega de Surf levara a participar a selección galega nos Xogos Náuticos Atlánticos, os cales se celebraran en Viana do Castelo – Portugal do 14 ao 19 de xullo.

Despois de varias concentracións celebradas pola Costa da Morte, nas praias de Razo, Malpica, Soesto, Laxe entre outras, os seleccionador Jesus Mª Guerra Naverán decidiu convocar para os próximos Xogos Náuticos aos seguintes deportistas:

Na disciplina de Surf a:

Diego Álvarez Lourido (A Coruña)

Luis Ansín Mato (Pontevedra)

Borja Malvar Crespán (Nigrán)

Juan Fernández López (A Coruña)

Ignacio Guisasola González (Pontevedra)

Paula Paz Fraga (A Coruña)

Isabel Gundín Pérez (Ferrol)

Yolanda Rodríguez Aneiros (Ferrol) 

En canto a disciplina de bodyboard, non houbo concentracións realizadas durante este ano e os seleccionados foron escollidos según as mellores posicións do ranking do circuito galego 2012 na categoría xuvenil de bodyboard. Polo tanto os convocados para os Xogos Náuticos serán: 

Carlos Megino Lorenzo (Pontevedra)

Daniel Miguez Castro (Pontevedra)

Os deportistas irán acompañados polo seleccionador Jesús Mª Guerra Naverán que será o técnico do equipo en Portugal.

Agradecer de anteman a colaboración aos pais dos deportistas polo enorme esforzo que fan ao ter que desprazar aos seus fillos as concentracións que ata o de agora se viñeron realizando, e pola súa confianza na Federación Galega de Surf e no seleccionador do equipo.

Dar as grazas a TSP (The Surfeiros Piratas) que será o patrocinador oficial da selección en Portugal, o cal proporcionara a equipación para os deportistas.

Os deportistas seleccionados menores de idade deberán entregar a autorización paterna do comité internacional dos Xogos Náuticos a maior brevidade,  se ainda non o fixeron. Poden pincha aquí para descargar o documento. Deberán envialo por fax ao 981 720118 ou ben por email a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

En breve, a Federación Galega de Surf se poñerá en contacto vía e-mail cos seleccionados para concretar lugar e horarios de saída e chegada, material necesario a levar, etc.

A directiva da Federación Galega de surf da as felicitacións a todos os seleccionados.



Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


Horario de atención inverno:


Martes, mércores e venres de 10 a 14h.

Xoves de 17 a 20h.



You are here