FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

Crónica 2ª Proba open de surf e 3ª Proba open de longboard e Paddle - Praia de Pantin

Crónica 2ª Proba open de surf e 3ª Proba open de longboard e Paddle - Praia de Pantin

Por segundo ano consecutivo o Festival Open Pantín Surf camp disputouse como proba valedeira para o circuito galego de Surf, Longeuirón e Paddel.

Alta inscripción e boas condicións de ondas, ainda que os pronósticos non eran nada bos, Pantín, como he habitual permitiu ver espectáculo.

Dende primeira hora do sábado os riders de surf open demostraron estar a un nivel incrible, así o demostran as puntuacións das 10 mellores ondas do evento.


Marcos Heinrich

9

Miguel Perez Moneo

8,5

Marcos Heinrich

8,5

Pablo Montero

8,5

Gonzalo Fernandez

8

Emerson Martíns

8

Marcos Heinrich

8

Guillermo Gomez

8

Luis Rodriguez

8

Oscar Prieto

8


As mangas sucedíanse, con combinacións altas e resultados axustados.

Xa no quinto octavo de Final Marcos Hinrich (a gran nivel neste campeonato) marcaba 17 puntos (a mellor combinación do campeonato), que ata enton ostentaba un espectacular Miguel Perez, que nunha das súas praias habituais lograba colarse por primeira vez nunha final Open, e non so iso, senón quedar segundo cunha combinación de 10,5 puntos, a tan so un punto do vencedor por segundo ano consecutivo, Luis Rodriguez, que con 11,5 puntos de combinación revalidaba título.

Ademáis dos dous surfistas ferrolanos completaron a final Chumi García (a grandísimo nivel cunha semifinal incrible) e Pablo Montero, un habitual das finais e actual campión Galego, que por unha interferencia de remada o incio da manga quedaba sen opcións.

Moi destacable o papel de Miguel, que viña de gañar en Foz o seu primeiro Junior no circuito galego, tamén moi destacable o papel de Martín cortijo que se colaba nunhas semifinais.

Oscar Prieto e Nico Perez tamén fixeron un gran contest quedando apeados en semifinales, e por suposto destacar o papel de Erika, que demostrou estar o nivel do surf Maculino sen problema, pasando de segunda a súa manga de oitavos cunha combinación de 8 puntos.

En resumo un campionato moi disputado, con momentos de boas ondas e coa satisfacción de ter a dous ferrolanos na gran final.

En féminas destacou coma sempre Erika, que nunha única manga final marcou 6 das des mellores ondas de toda a Final, seguida de Paula Paz e Isabel Gundín, que marcaron a mesma combinación de Onda, quedando a rider de la vieja escuela segunda o desempatar pola terceira mellor onda. Completaron esta final Alba Rodriguez e Blanca García.

Resultados


Surf Open Masculino

1º Luis Rodriguez

2º Miguel Perez

3º Chumi García

4º Pablo Montero


Surf Open Femenino

1ª Erika Franco

2ª Paula Paz

3ª Isabel Gundín

4ª Alba Rodriguez

5ª Blanca García


Espectacular ambiente na xornada do domingo, donde o pequeno tamaño das ondas fixo que brillasen a un gran nivel os riders clásicos de longboard.

Durante toda a mañá o repertorio de maniobras clásicas fixo as delicias dos aficionados e participantes.

Así, citábanse na final un destacadísimo Yago Baz, que finalmente resultaría vencedor na súa vola a competición por todo o alto, un brillante Alvite, tamén de regreso, un sempre presente Ruffo Navarro e un entonádísimo Mou.

Destacou a eliminación de Nestor en Semifinais por primeira vez en moito tempo, o que demostrou que calquera pode caer a máns destes excelentes Riders.

Tamén destacar a presencia do “Gromet” Iago Formosel que demostrou estar a altísimo nivel e que en breve porá as cousas moi difíciles a todos os veteranos.


Resultados:


Longboard

1ª Yago Baz

2º Daniel Alvite

3º Ruffo Navarro

4º Alberto Mouriño


En Paddel os Rides demostraron o alto nivel deste deporte que temos en Galicia.

Román Camba non deu tregua os seus rivales na final, na que destacou a presencia de Sofía Andrade que brillou a gran nivel durante toda a proba.


Resultados


Paddleboard:

1º Román Camba

2º Guillermo Carracedo

3º  Marcos Almón

4ª Sofía Andrade


Podes ver unha pequena galería de imáxes pinchando AQUI ou visitando o apartado de menú FOTOS


Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


horario atencion:

Martes: 09:00 - 15:00

Xoves: 17:30 - 20:30

Venres: 9:00 - 13:30

Sábado: 10:00 – 14:00



You are here