TD1 Ferrolterra

TD1 Ferrolterra
11 de octubre de 2022
Td1

1. REQUISITOS DE INSCRICIÓN
- Ser maior de 16 anos (os menores de idade deberán achegar no día da proba autorización conforme o modelo incluído en preguntas frecuentes)
- Encontrarse empadroado en calquera dos seguintes concellos que forman parte do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas de acordo coa Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior. O empadroamento debe ser anterior ao 2 desetembro de 2022.
- Encontrarse en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
 1. Graduado en ESO (LOGSE)
 2. 2º Curso BUP
 3. Título de Técnico Auxiliar.
 4. Título de Bacharel Superior.
 5. Cursos Comúns de Artes e Oficios (3º en plan 63 Oou 2º en experimental).
 6. 2º Curso de 1º Ciclo Bacharel Xeral Experimental (R.E.M.)
 7. Técnico de Grao Medio.
 8. Superación proba acceso Universidade > 25 anos.
 9. Título de Oficialía Industrial.
 10. Outros estudos equivalentes a efectos académicos.
 11. Superación Proba Acceso substitutoria requisito título de Graduado en ESO.
- Ter aboado a taxa para a realización da proba, susceptible de devolución, conforme se indica no anexo “Preguntas frecuentes”.
- Encontrarse federado na Federación Galega de Surf ou na Federación Española de Surf.
2. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
As instancias de solicitude de participación presentaranse no Rexistro Xeral da Mancomunidade (Pazo Municipal de Ferrol, Praza de Armas s/n, 15402, oficina de Secretaría, primeira planta), no Rexistro auxiliar da Mancomunidade (oficinas administrativas do Mercado Municipal da Magdalena, Rúa Igrexa s/n, 15402 Ferrol) ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo que remata o xoves día 20 de outubro. Se conforme a ese precepto se presenta a instancia a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude.
Doutro modo, a data de anotación no Rexistro xeral será a que se teña en conta a todos os efectos. Para o obxecto de coñecer a presentación das instancias noutros rexistros ou en correos e poder realizar o seu seguimento, nestes supostos, as persoas solicitantes deberán comunicalo durante o mesmo prazo de presentación de instancias, remitindo copia da solicitude presentada e xa rexistrada mediante correo electrónico dirixido a mancomunidade@ferrol.es indicando como asunto: CONVOCATORIA CURSO MONITOR SURF. Neste suposto enviarase copia escaneada da solicitude rexistrada.
Aos efectos da presentación mediante o Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), as persoas aspirantes que presenten a súa instancia dende un rexistro doutra administración poderán facela chegar á Mancomunidade a través do rexistro do concello de Ferrol. En todo caso deberán cumprir o indicado no parágrafo anterior.
As persoas aspirantes farán constar na instancia que reúnen tódo-los requisitos sinalados nestas bases.
Modelo de instancia: As persoas aspirantes teñen á súa disposición un modelo de instancia, que poderán descargar na seguinte ligazón de internet: www.comarcaferrolterra.es
3. NÚMERO DE PRAZAS E PROCEDEMENTO DE ASIGNACIÓN
Este curso conta cun total de 15 prazas. No caso en que o número de solicitudes exceda o número de prazas, levarase a cabo un sorteo público entre todos os solicitantes, mediante o cal se elixirán as 15 persoas provisionalmente admitidas e se establecerá unha prelación de ata 8 suplentes.
A admisión definitiva de participantes no curso encóntrase condicionada á superación da proba de acceso que se prevé celebrar o sábado día 29 de outubro e á comprobación no mesmo acto por parte da Federación Galega de Surf do cumprimento dos requisitos de admisión. En consecuencia, tanto as persoas provisionalmente admitidas como as que figuren como suplentes deberán acudir á proba de acceso e achegar a documentación correspondente a esta proba (ver anexo: preguntas frecuentes).
O sorteo celebrarase no día, hora e lugar que se publicarán no taboleiro de anuncios da web da Mancomunidade www.comarcaferrolterra.es, en todo caso cunha antelación mínima de dous días con respecto á celebración da proba.

O resultado do sorteo, do que se levantará a correspondente acta, publicarase tamén no taboleirode anuncios da web da Mancomunidade www.comarcaferrolterra.es . Mediante dita publicación quedarán convocadas as 15 persoas provisionalmente admitidas e as 8 persoas suplentes para a realización da proba de acceso. En todo caso o día e hora definitivos da proba de acceso dependerán da FGS.


3. PROBA DE ACCESO E COMPROBACIÓN DOCUMENTAL DE REQUISITOS
Prevese a súa celebración o sábado 29 de Outubro na praia de Pantín ás 11.00h ou 16.00h segundo condicións de marea ou nas praias Ponzos-Esmelle (segundo condicións) Pode variar tanto o horario como a localización en función do parte de mar. Comunicarase aos rexistrados a praia e hora definitivos cunha antelación mínima de 24 horas.
Estrutura da proba de acceso:
Proba de natación:
• O aspirante realizará un circuíto de 200 metros, coa seguinte orde: 50 metros de carreira pola praia, entrada na auga, natación ata unha boia situada a 50 metros mar adentro, regreso nadando, saída polo mesmo punto de entrada e carreira de 50 metros ata a liña de saída.
Proba de Surf:
• Durante un tempo máximo de 12 minutos o aspirante debe realizar as seguintes accións: entrar á auga, chegar á zona de rompente, surfear mínimo dúas ondas, e saír da zona de rompente para chegar de novo á beira.
Criterios de avaliación:
Proba de natación:
• Realizar o percorrido de 200 metros en menos de 5 minutos.
Proba de Surf:
• Remar correctamente (sen mostrar desequilibrios).
• Realizar polo menos dous patos correctamente (pasar as espumas por baixo da superficie) ou esquimotaxe (SUP e longboard).
• Surfear dúas ondas con control e realizar unha manobra básica por onda.
Espazos e equipamentos:
• A proba de natación realizarase nun circuíto establecido na praia. Poderase utilizar ou non otraxe de neopreno, en función da temperatura da auga.
• A proba de surfing realizarase nunha praia a determinar (en función da localidade e as condicións meteorolóxicas do día da proba): dita praia ha de ser de fondo de area, coas zonas de rompentes e correntes ben diferenciadas e o día da proba ha de haber un mínimo de ondas en condicións surfeables.
• As condicións meteorolóxicas debe ser favorables.
• Táboa de surfing : surfboard, bodyboard, longboard ou SUP en función do dominio do surfeiro.
Débese levar material propio (de calquera modalidade táboa de surf / bodyboard / longboard /
SUP).
As persoas asistentes deberán presentar o día da proba de acceso os documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos de admisión no curso para a súa comprobación por parte do persoal da Federación Galega de Surf e os formularios correspondentes, segundo se detalla no Anexo: Preguntas frecuentes.
4. CONTIDO DO CURSO
BLOQUE COMUN
Realizarase de forma online a través dunha plataforma ao longo do mes de novembro-decembro. (Centro autorizado: http://www.safeformacion.com ) O exame final será presencial en Ourense o sábado 17 de dicembre ás 11.00h ( esta data pode variar en función de variables loxísticas).
Dirección : Avd bos Aires Nº 40, Ourense.
Ao darse de alta na plataforma virtual a alumna ou alumno terá acceso a apuntamentos para estudar e actividades online para practicar. A cualificación será a do exame final, pero será obrigatorio acceder á plataforma virtual e realizar as actividades.
BLOQUE ESPECÍFICO
Este bloque realizarase no Museo do Surf de Valdoviño os días: 5, 6, 12, 13, 19 y 20 de novembro do 2022. 

*la asignatura de MATERIALES se cursa a distancia, así como la de Surf And Clean.
**puede haber variantes en la distribución de las asignaturas.
PRÁCTICAS
As prácticas (150 horas) realizaranse nunha escola deportiva, recoñecida ou adherida ás federacións autonómicas ou nacional. Para certificalas deberá entregarse a documentación facilitada pola federación ao finalizar o bloque específico.

5. POSIBILIDADE DE CONVALIDACIÓN E AMPLIACIÓN DE INFORMACIÓN
No anexo “Preguntas frecuentes” infórmase sobre as posibilidades de convalidación e sobre outros aspectos a ter en conta para a participación no curso.
Para calquera consulta ou dúbida as persoas interesadas poden porse en contacto coa Federación Galega de Surf a través do email: info@fgsurf.org ou por teléfono no 986 23 90 95.

ANEXO: PREGUNTAS FRECUENTES
1 Teño estudos de TAFAD / CCAFD / INEF, podo convalidar?

Si, podes convalidar o bloque común. Pero debes saber que debes xestionar a convalidación a través do centro SAFE e Consello Superior de Deportes. Se se che outorga a convalidación evitarás realizar as actividades e exame correspondente ao bloque común, pero igualmente deberás matricularte no bloque común .

2 Xa teño un título de técnico deportivo nivel I doutro deporte, Teño que volver facer o
bloque común?
Non, simplemente terás que enviar unha copia compulsada á FGSurf conforme tes o bloque común xa aprobado.

3 Teño que estar federado para realizar o curso ou para a proba de acceso?
Si, en ambos casos, xa sexa na Federación Galega de Surf ou na Federación Española de Surf, na categoría correspondente, non en técnico.

 4 Cando estará formalizada o meu matricula no curso?
As persoas inscritas, unha vez superada a proba e acreditado o cumprimento dos requisitos, serán matriculadas no curso a través do Anexo II (pregunta 6).
O realizar matrícula do curso implica aceptar os termos e condicións descritas neste documento.
 

5 Onde envío a documentación?
A instancia de solicitude de participación deberá presentarse conforme o indicado na base 2.
A restante documentación entregarase na proba de acceso.
O non entregar a documentación requirida en tempo e forma implicará a perdida de posibilidade de matriculación no bloque específico e/ou común e por tanto da posibilidade de titulación.

6 Cal é a documentación que teño que entregar para o bloque específico e común? (4
documentos, 2 copias nalgúns casos)
 ◦ 2 x fotocopia DNI
 ◦ 1 x Certificado de empadroamento
 ◦ 1 x Anexo II
 https://drive.google.com/open?ide=1fmudy_AqpyrZPb2nqt6zw3fP_Ae3ZAPa
 ◦ Autorización (menores de idade): https://drive.google.com/file/d/1DuqYHXR99BDR9USl3nQPPRm6akmBnZmt/view
 ◦ 2 x TITULACIÓN COA QUE SE ACCEDE (2 fotocopias COMPULSADAS dalgunha das
seguintes titulacións):
 i Graduado en ESO (LOGSE)
 ii 2º Curso BUP
 iii Título de Técnico Auxiliar.
 iv Título de Bacharel Superior.
 v Cursos Comúns de Artes e Oficios (3º en plan 63 Oou 2º en experimental).
 vi 2º Curso de 1º Ciclo Bacharel Xeral Experimental (R.E.M.)
 vii Técnico de Grao Medio.
 viii Superación proba acceso Universidade > 25 anos.
 ix Título de Oficialía Industrial.
 x Outros estudos equivalentes a efectos académicos.
 xi Superación Proba Acceso substitutoria requisito título de Graduado en ESO.
Aqueles que realizasen os seus estudos sexan do estranxeiro, deben ter os estudos debidamente homologados polo Ministerio de Educación en España.

7 Ata cando teño para enviar, entregar a documentación?
• A instancia de solicitude de participación, no prazo, forma e lugar indicados na base 2.
• O resto da documentación, ata o día da proba de acceso.

8 Cal é o prezo?
Este curso será gratuíto o alumnado empadroado en calquera dos 21 concellos que integran oXeodestino Ferrolterra-Rías Altas de acordo coa Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de
Galicia: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche,
Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San
Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior. Esta cuestión demostrarase mediante a
presentación de certificado de empadroamento actualizado con mínimo dun ano de anterioridade.
Só se aboarán 50 euros para reservar o dereito a realizar a proba de acceso. En caso de superar dita proba, ou de non ser convocado a realizala, os 50 euros serán devoltos. O día límite para aboar o importe será o anterior ao da proba de acceso (ABANCA ES08 2080 0567 04
3040003179).
9 É necesario ter todos os bloques para obter o título?
Si, para obter a titulación debes ser apto na proba de acceso, apto no bloque común e específico e apto no bloque de 150 h de prácticas.

10 Onde podo realizar as prácticas?
En calquera escola oficial da Federación Galega de Surf titorizado por un TD2 ou un TD1 con 3 anos de experiencia e federado nos últimos 3 anos. Son 150 h. Para certificalas deberá entregarse a documentación facilitada pola federación ao finalizar o bloque específico.

11 Cando podo empezar as prácticas?
Unha vez que se supere o bloque específico, aínda que aínda estea a cursar e teña pendente o
bloque común. As prácticas deberán ser realizadas e entregado o xustificante nun período non superior a 6
meses unha vez finalizada a avaliación do bloque específico de maneira satisfactoria.

12 Como será o horario do bloque específico?
Os horarios distribuiranse os días sábados e domingos nas datas marcadas en xornada de mañá e tarde(De 9:00 a 14:00h y de 16:00 a 21:00h). A orde das materias podería variar, non así a súa carga horaria.
 Ademais de traballos a distancia, é obrigatoria a asistencia ao 100% das clases.
A materia de MATERIAIS cúrsase a distancia.
Pode haber variantes na distribución das materias.

13 Como será o bloque común?
Realizarase mediante a plataforma virtual, excepto o exame final que será presencial en Ourense o día sábado 17 de decembro (pode variar) ás 11.00 h.
Ao darvos de alta na plataforma virtual teredes acceso a apuntamentos para estudar e actividades online para practicar. A cualificación será a do exame final, pero será obrigatorio acceder á plataforma virtual e realizar as actividades.
Localización Google Maps: https://goo.gl/maps/tDYdhBBXUNS2

14 Se non supero a proba de acceso…
Non se reembolsarán os 50 euros da proba de acceso. E cancelarase a inscrición no curso.

15 Onde se impartirán as clases do bloque específico?
Nas instalacións do Museo do Surf de Valdoviño.

16 Hai límite de prazas?
Si, un máximo de 15 alumnos.

 

CONVOCATORIA CURSO DE FORMACIÓN: ADESTRADOR NACIONAL EN SURFING NIVEL I
ANEXO: MODELO DE INSTANCIA
(a presentar non máis tarde do xoves 20 de outubro no prazo e forma indicados na base 2)
Nome e apelidos:
DNI:
Data de nacemento:
Dirección:
Concello no que se encontra empadroado:
E-mail:
Teléfono móbil:
Solicito participar no curso de formación indicado no encabezamento e declaro baixo a miña responsabilidade cumprir os seguintes requisitos:
- Ser maior de 16 anos (os menores de idade deberán achegar no día da proba autorización conforme o
modelo incluído en preguntas frecuentes)
- Encontrarme empadroado en calquera dos seguintes concellos que forman parte do destino turístico
Ferrolterra-Rías Altas de acordo coa Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia: Ares, Cabanas, A
Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda,
Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e
Vilarmaior. O empadroamento debe ser anterior ao 2 de setembro de 2020.
- Encontrarme en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
 1. Graduado en ESO (LOGSE)
 2. 2º Curso BUP
 3. Título de Técnico Auxiliar.
 4. Título de Bacharel Superior.
 5. Cursos Comúns de Artes e Oficios (3º en plan 63 Oou 2º en experimental).
 6. 2º Curso de 1º Ciclo Bacharel Xeral Experimental (R.E.M.)
 7. Técnico de Grao Medio.
 8. Superación proba acceso Universidade > 25 anos.
 9. Título de Oficialía Industrial.
10. Outros estudos equivalentes a efectos académicos.
11. Superación Proba Acceso substitutoria requisito título de Graduado en ESO.
Sinatura do solicitante

 

 

 

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA COMARCA DE FERROL

 

 

Federación Galega de Surf e Bodyboard