COMUNICADO-BLOQUE COMUN

Estimados amig@s;
Dende a Federación Galega de Surf, comunicamos que vimos de falar coa Secretaría Xeral para o Deporte, xa que moitos dos alumnos que están a formarse para Técnicos en Surf , Bodyboard e Longboard de Nivel I, atópanse co problema de que ata Outubro non se vai a impartir o Bloque Común.
Logo dunha reunión co Subdirecor Xeral de deportes, a Xunta de Galica permítenos poder outorgar de forma provisional o antigo título de Monitor Iniciador, que terá unha duración de tres meses (Julio-Agosto-Setembro), servindo isto para convalidar as 150 horas de prácticas, que normalmente se realizarían despois de facer o Bloque Común.
Con isto, os alumnos poderán incorporarse a impartir clases nas escolas e poder avanzar na súa formación de práctica.
Ao remate do verán, en Outubro aproximadamente, a Secretaría Xeral para o Deporte impartirá o Bloque Común, para que os alumnos poidan completar o seu titulo de Tecnico Nivel I.
Logo diso, a Federación Galega de Surf, entregará o correspondente título de Técnico en Surf, Bodyboard e Longboard de Nivel I
Atentamente,
Juan Jose Rodriguez Hierro
Presidente da Federación Galega de Surf.